miércoles, 27 de enero de 2010

She's not anyone

Ela fala por min, converteuse na miña boca cando a miña non se lembra de como se articula. Cando sinto que as luces do ceo apáganse e tan só podo ollar pola fiestra ás de miles de salóns quentes dun barrio soviético é cando a miña mente voa cara a universos descoñecidos e non podo determinar en que nube descansan as miñas ás. É entón cando a miña alma aliméntase de centos de lembranzas e plans, de reflexións ou de neve, e tan só estou tan chea que non sei describir que ou como sinto, que preciso da súa voz para falar, que me noto máis finita e real que nunca, incorrecta e mortal…muda. Lémbrome daquela tarde na que me dixo “Lu, estás nevada”, e era certo. Dos “fracias” e dos “fenadas”, de miles de palabras que nos levaron ata as estrelas en avións de papel. E só podo sorrir porque sei que cando soa Jim Morrison a este lado do continente e meu corazón bombea máis aprésa, ela escoita voces que lle susurran “bululú” e sabe que estou pensando nela. É capaz de acoplar o pulso dos seus sentimentos ao compás dunha poesía, de capturar o ritmo dos pensamentos en palabras cargadas de alma e arropadas polo silencioso ruido das noites. Ela fala por min cando son muda, e tan só podo deixarme levar pola súa voz cara os instintos e emocionarme.

No hay comentarios: